Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de notificación aos interesados no procedemento de prevención e defensa contra os incendios forestais.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia:

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables o seu deber legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 21.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

– Parcela 692, polígono 57, Emilia Martínez Alonso.

– Parcela 450, polígono 501, Purificación Docampo Caneda.

– Parcela 421, polígono 57, Manuel Pérez Vidal.

– Parcela con referencia catastral 103351NG7813S0001LE, herdeiros de Leonisa Rodríguez Araújo.

– Parcela 319, polígono 501, José Luis Feijoo Albor.

– Parcela 396 polígono 501, Antonio Collarte Pernas.

– Parcela 501, polígono 12, Alberto Bouzas Losada.

– Parcela 977, polígono 18, José Vázquez González.

– Parcela 514, polígono 12, Avelino Vázquez Fariñas.

– Parcela 95, polígono 18, herdeiros de Celso Collarte Collarte.

– Parcela con referencia catastral 32070A0110001270000YF, Laura Novoa González

– Parcela con referencia catastral 1033512NG7813S0001TE, Pedro Escudero Rodríguez.

Mediante este anuncio comunícaselles ás persoas responsables que dispoñen dun prazo máximo de quince días hábiles para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se computará a partir do día seguinte ao de publicación da notificación.

Transcorrido o dito prazo e, no caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa.

Ribadavia, 20 de abril de 2022

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa