Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación de execución subsidiaria dos expedientes relacionados na táboa, por non teren procedido, logo de estaren notificados, á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Referencia catastral |
Expediente |
Decreto |
Liquidación provisional |
Titular |
36049A013009060000KP |
1721/2020 |
2022-0457 |
605 € |
En investigación |
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición destas nas oficinas municipais do concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a presente Resolución 2022-0457, que pon fin á vía administrativa, poden interpor alternativamente:
a) Recurso de reposición potestativo, ante a alcaldesa deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optan por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Salceda de Caselas, 20 de abril de 2022
Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa