Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27595

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para o acceso á escala de xestión, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro de 2021 e BOE do 7 de febreiro de 2022) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas na escala de xestión, subgrupo A2, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 2 de marzo de 2022 (DOG do 16 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas citadas probas selectivas pola quenda de acceso libre e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 25 de maio de 2022, ás 17.00 horas, na aula 3 da Biblioteca Concepción Arenal, Campus Vida (rúa dos Feáns, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizace a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela