Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto de interese autonómico do proxecto de solución de evacuación do parque eólico Serra do Farelo, nos concellos de Agolada e Vila de Cruces, en Pontevedra, e Santiso, na Coruña (expediente IN408A 2020/177).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: AV Serra do Farelo, S.L.

Denominación do proxecto: solución de evacuación do parque eólico Serra do Farelo.

Concellos afectados: Agolada e Vila de Cruces (Pontevedra) e Santiso (A Coruña).

Orzamento total (execución material): 7.732.832,43 €.

Obxecto: evacuar a enerxía eléctrica xerada polo parque eólico de Serra do Farelo, así como outras instalacións de xeración da zona, desde a subestación (SET) do PE Serra do Farelo ata a subestación (SET) de Portodemouros.

Alcance: as instalacións que comprenden o proxecto son:

1. Subestación (SET) colectora Agoar.

2. Liña de alta tensión 132 kV Serra do Farelo-SET colectora Agoar.

3. Liña de alta tensión 220 kV de interconexión coa LAT 220 kV Monte Carrio-Portodemouros.

Características técnicas recollidas no proxecto:

1. SET colectora Agoar:

Coordenadas do centro da SET Agoar:

Centro

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

C

565.644,03

4.744.368,78

Vila de Cruces

Coordenadas da envolvente da SET Agoar:

Vértice

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Concello

1

565.602,55

4.744.404,17

Vila de Cruces

2

565.641,03

4.744.423,84

Vila de Cruces

3

565.687,49

4.744.332,96

Vila de Cruces

4

565.647,18

4.744.312,35

Vila de Cruces

5

565.605,97

4.744.392,95

Vila de Cruces

A SET colectora Agoar está composta por aparellaxe para funcionamento en 2 niveis de tensión (220 e 132 kV), con configuración simple barra en todos os niveis. A aparellaxe de 220 kV situarase no parque de intemperie e será de tecnoloxía convencional (AIS) e a de 132 kV será de tecnoloxía encapsulada híbrida de exterior (HIS). Estará composta dos seguintes elementos: • Dúas posicións de liña de 220 kV cos equipos necesarios de protección e medida exixidos pola compañía distribuidora. • Unha posición de transformador de potencia de 220 kV. • Un módulo de embarrado con medida de tensión en 220 kV. • Unha posición de liña de 132 kV cos equipos necesarios de protección e medida exixidos pola compañía distribuidora. • Unha posición de transformador de potencia de 132 kV. • Un módulo de embarrado con medida de tensión en 132 kV. • Un transformador de 180/200 MVA ONAN/ONAF, de relación de transformación 220/132 kV e regulación en carga.

2. Liña de alta tensión 132 kV Serra do Farelo-SET colectora Agoar:

A liña eléctrica discorrerá desde a SET do parque eólico de Serra do Farelo ata a SET colectora Agoar. Consta de dous tramos:

– Tramo aéreo a 132 kV: con orixe na SET do parque eólico de Serra de Farelo, no termo municipal (TM) de Agolada, e final no apoio de paso aéreo-subterráneo (PAS) nº 49, no termo municipal (TM) de Vila de Cruces, consistirá nun simple circuíto de condutor tipo LA-455, con cable de protección OPGW-48 e terá unha lonxitude de 21.694,21 m.

– Tramo subterráneo a 132 kV: con orixe no apoio PAS nº 49 (TM de Vila de Cruces) e final na SET colectora Agoar 132/220 kV (TM de Vila de Cruces), consistirá nun simple circuíto de condutor tipo RHZ1-RA+OL 76/132 kV 1X800KAI+H120 e lonxitude 1.602,117 m.

3. Liña de alta tensión 220 kV de interconexión coa LAT 220 kV Monte Carrio-Portodemouros:

A liña eléctrica conectará a SET colectora Agoar coa liña de alta tensión de 220 kV Monte Carrio-Portodemouros, á cal se lle engadirá un apoio de entroncamento. A configuración do tramo aéreo será de dobre circuíto en bandeira con condutor LA-455 e cable de garda OPGW 48 FO. A lonxitude do trazado aéreo será de 84 m.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17.6.2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 29.7.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes á liña de evacuación, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Non obstante, vista a Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, a información pública realizarase por un prazo de 30 días.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir mediante cita previa, ás dependencias das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra, teléfono 986 80 52 39) e da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como ás dependencias dos concellos de Agolada (praza do Concello, 1, 36520 Agolada, Pontevedra), Vila de Cruces (praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra) e Santiso (rúa Agro do Chao, 158, 15808 Santiso, A Coruña).

Pontevedra, 6 de abril de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra