Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de abril de 2022 polo que se notifica a resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva, derivada do expediente de restitución e reposición da legalidade POL/50/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 16 de novembro de 2021, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente número POL/50/2018 (POL/50/2018-A1), que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Porto Mougás, no termo municipal de Oia (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución á interesada con documento nacional de identidade número 76807849-Q, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística