Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento administrativo BS611A (expediente LU-000056061 e sete máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra estas resolucións poderán interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta (30) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da notificación efectuada por comparecencia, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 7 de abril de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proc. BS611A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000056061

44450595J

Resolución por caducidade

12.1.2022

LU-0000055780

44479205B

Resolución por caducidade

3.1.2022

LU-0000015016

09377294X

Resolución por caducidade

4.1.2022

LU-0000053836

34165237W

Resolución por caducidade

14.12.2020

LU-0000053836

25725009S

Resolución por caducidade

21.12.2021

LU-0000057943

34299932D

Resolución por caducidade

9.2.2022

LU-0000054454

Y7396037X

Resolución por caducidade

23.2.2022

LU-0000056306

35548990Y

Resolución por caducidade

23.2.2022