Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente RRM-CO-24/2021).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; todo iso, de acordo co establecido no artigo, 10.1 letra a), da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Conforme o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

RRM-CO-24/2021

76499887R

Notificación resolución recurso de reposición