O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
A seguinte solicitude de inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada pola persoa interesada de acordo a ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2022/871153.
Data: 31.3.2022.
Solicitante: Ramón González Artiaga.
Especie: Juglans regia L.
Localidade: Mondoñedo.
Concello: Mondoñedo.
Provincia: Lugo.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, aos efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo, Ronda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural