Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26620

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono denominado PERI 1 do Plan xeral de ordenación municipal, tramitado por instancia da sociedade Inversiones Diayud, S.L. (expediente 2019003761).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 18 de marzo de 2022, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de reforma interior do PERI 1 do PXOM de Sanxenxo, tramitado por instancia da sociedade Inversiones Diayud, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Sanxenxo, 28 de marzo de 2022

Telmo Martín González
Alcalde