Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26618

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación das bases xerais e específicas que regulan a convocatoria para cubrir varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 68, do 8 de abril de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas e os postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral do Concello de Curtis, incluídos na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal para o ano 2022 e na oferta de emprego público do ano 2021/2022:

– Unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

– Unha praza de responsable da unidade de obras e servizos básicos, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.

– Unha praza de educador/a familiar da unidade de atención primaria, persoal laboral grupo II, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de asesor/a psicolóxico/a do Centro de Información á Muller, persoal laboral grupo II, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Unha praza de peón/peoa do grupo de Emerxencias Supramunicipal, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de instancias, en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista polas propias bases.

Curtis, 8 de abril de 2022

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde