Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26491

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

BDNS (Identif.): 623303.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

– Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

– Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 85 da Lei 7/1985 de calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

Cuarto. Importe

As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 628.644,76 euros, para a anualidade 2022 e 2023 imputables ás aplicacións orzamentarias 10.A1.432B.760.0 e 10.A1.432B.770.1, código de proxecto 2022 00002.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo es inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais