Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra a revisión do esbozo do monte Signada, do concello de Navia de Suarna (expediente 8_78/2020_30).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 31.3.2022 figura o seguinte acordo:

Monte Signada, do lugar de Signada, parroquia de Mosteiro, no concello de Navia de Suarna, expediente 8_78/2020_30.

O 25.2.2022 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Félix Díaz Fernández como representante da CMVMC Signada, contra o acordo do xurado do 20.12.2021, de revisión de esbozo do monte. En síntese, manifesta non estar de acordo co novo esbozo por entender que as parcelas 10, 11, 12, 312, 314 e 398 do polígono 14 do catastro de rústica de Navia de Suarna son de titularidade particular.

O 9.3.2022, o Servizo de Montes elabora un informe ao respecto no que indica que a revisión do esbozo se fundamentou na proposta solicitada pola comunidade e que fora previamente acordada en asemblea por esta. Nela incluíase un listado de predios catastrais que quedarían fóra do perímetro do monte e ningún deles se corresponde coas parcelas alegadas no recurso.

Examinado o devandito recurso, o xurado, por unanimidade, acorda desestimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 19 de abril de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo