Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26094

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2022/23.

Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2022/23, esta secretaría xeral resolve anunciar:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2022/23 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, http://www.edu.xunta.gal/portal

Segunda. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

Terceira. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2022.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional