Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

28966408R

IN635A 2021/217-1

Resolución

Malpica de Bergantiños

34106103R

IN635A 2022/18-1

Alegacións

Porto do Son

32605082Y

IN635B 2021/55-1

Resolución

Ferrol

34273934R

IN635B 2022/1-1

Resolución

Ferrol

33349063Y

IN635B 2022/3-1

Alegacións

Culleredo