Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración correspondentes aos bens e dereitos afectados por unha instalación industrial (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), no concello de Culleredo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como afectadas polo procedemento expropiatorio para a ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 19 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo
Caamaño.

Concello: Culleredo.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

16

15031A00500168

Rosa Albina Fernández Vales e Francisco Santamariña Rodríguez

6.4.2022

22

15031A00500262

María Barral Lousada

6.4.2022