Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Amoexa, número de elenco 2717577, do concello de Antas de Ulla (expediente 40/2021).

O 2 de febreiro de 2000 asinouse o convenio de Amoexa, 2717577, subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Abel Iglesias Varela e Cándido Rigueira Rigueira, en virtude dun poder notarial outorgado en Antas de Ulla o 29 de abril de 1999. A superficie conveniada foi de 30 ha.

No poder notarial figuran como apoderados Abel Iglesias Varela e Cándido Rigueira Rigueira e como poderdantes Concepción Guerreiro Guerra, Andrés Guerra Meilán, José Gómez Diéguez, Mª Celsa Guerra Rojo, Carmen Montes Vázquez, Adelaida Fraga, Jovita Gayoso González, José Fente Vázquez, Mª Erundina Hermitas Vázquez Gómez, Constantino García Gómez, Mª Olga Varela Buján, Antonio Gayoso Sánchez, Ángela Ferreiro Santiso, Francisco Javier Vázquez Fernández, Heriberto Vázquez Soengas, Román Fraga Vázquez, Manuel Guerreiro Carballo, José Ferreiro Moure, José Roberto Gómez Iglesias, Josefa García Gómez, Avelina Iglesias Vázquez, Antonio España Santiso, Secundino Vázquez Feas, Manuel Iglesias Vázquez, Ángel Gómez Diéguez e Darío Enrique Guerra Rojo. Abel Iglesias Varela figura como apoderado de todos, incluído de Cándido Rigueira Rigueira.

O 4 de marzo de 2020 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Abel Iglesias Varela, en que solicita a extinción do convenio de Amoexa, número de elenco 2717577.

O 19 de novembro de 2021 a técnica do Distrito IX Lugo-Sarria emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 23 de marzo de 2022 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Amoexa, con número de elenco 2717577, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que terminará o 31 de decembro de 2023, momento en que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise a propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción do convenio de Amoexa, 2717577.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Amoexa, número de elenco 2717577, situado no concello de Antas de Ulla (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 11 de abril de 2022

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo