Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de corrección de erros das bases específicas do proceso selectivo para cubrir a praza vacante de administrativo/a, por promoción interna, incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

Na Resolución da Alcaldía núm. 2022-0301, do 29 de marzo, aprobouse unha corrección de erros das bases específicas que regularán o proceso selectivo para cubrir unha praza vacante de administrativo/a, por promoción interna incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

Ábrese un novo período de presentación de solicitudes que será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da corrección das bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

A corrección íntegra publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal

Moaña, 1 de abril de 2022

Leticia Santos Paz
Alcaldesa