Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25392

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 11 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento CT143A).

BDNS (Identif.): 621818.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 11 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarias

Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Segundo. Obxecto e finalidade

Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento CT143A) (http://cgac.xunta.gal/).

Cuarto. Contía

Outorgarase un só premio por un importe de tres mil euros (3.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade