Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2022 Páx. 25348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: agrupar as persoas traballadoras e asalariadas dos diferentes sectores económicos, persoas traballadoras asociadas en forma cooperativa ou en autoxestión, persoas traballadoras por conta propia que non teñan persoal ao seu servizo, traballadores e traballadoras en paro e persoas que cesaron na súa actividade laboral como consecuencia da súa incapacidade ou xubilación, xuventude, e aquelas persoas que buscan o seu primeiro emprego.

– Asinante: José Luis Fernández Celis.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais