Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Vacaloura, nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo) (expediente IN408A 2017/28).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 26.10.2017, Green Capital Power, S.L. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Vacaloura (en diante, o parque eólico).

– O 4.3.2021, presentou a solicitude de modificación substancial para o parque eólico e a dirección xeral procedeu a solicitar o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio, o 18.6.2021.

– O 12.7.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 13.12.2021, a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao centro directivo, consonte o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).

Domicilio social: rúa Marqués de Villamagna, nº 3, 5ª planta, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Vacaloura.

Situación: concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): San Cristóbal.

Potencia instalada: 31,185 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.

Produción neta anual estimada: 84.066 MW h/ano.

Orzamento de execución material: 26.958.449,29 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

Punto

Coordenadas ETRS89 H29

UTM-X(m)

UTM-Y(m)

P1

597.875,00

4.742.786,49

P2

603.875,00

4.742.786,49

P3

603.875,00

4.738.434,49

P4

598.311,00

4.738.434,49

Coordenadas do emprazamento dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

VC01

599752

4741157

VC02

599909

4739597

VC03

599934

4739069

VC04

601693

4742061

VC05

602227

4741120

VC06

602463

4740681

VC07

602712

4740118

Localización da torre de medición:

Torre de medición

ETRS89 H29

UTM-X(m)

UTM-Y(m)

602817

4739848

Emprazamento da subestación:

Subestación

ETRS89 H29

UTM-X(m)

UTM-Y(m)

601597.80

4740583.84

Coordenadas da envolvente da subestación:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

P01

601551.25

4740538.70

P02

601559.83

4740633.44

P03

601646.53

4740625.59

P04

601637.95

4740530.85

Características técnicas principais das instalacións:

– Sete (7) aeroxeradores modelo SG145-5.0 MW de 5,0 MW de potencia nominal, limitados a 4,455 MW de 145 m de diámetro de rotor e 127,5 e 90 m de altura de torre.

– Sete (7) centros de transformación situados en cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección telemando e demais elementos auxiliares, mediante o cal se conecta á rede de media tensión do parque.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutores tipo RHZ1-2OL H16CU 18/30 kV AL, enlazando os transformadores de cada aeroxerador ata alcanzar a subestación.

– Unha (1) torre de medición.

– Subestación de 30/132 kV do parque eólico de Vacaloura, para evacuación da enerxía producida no parque eólico, cunha posición de transformador de potencia 30/35 MVA (ONAN/ONAF).

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (de marzo de 2021) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (27 de novembro de 2020).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de novembro de 2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/vacaloura

Lugo, 24 de marzo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo