Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24529

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 141, do 26 de xullo).

Primeiro. A Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG número 141, do 26 de xullo), establece no seu artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 14 de xullo de 2021 establece no seu artigo 4.5 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia en 31 de decembro de 2020, segundo os datos rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 7 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entres dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. A Orde do 14 de xullo de 2021 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:

– Para os incentivos á contratación das mulleres desempregadas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 472.0, código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 5.000.000 de euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación das persoas mozas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 470.3, código de proxecto 2016 00308, cun crédito de 2.000.000 de euros (1.800.000 euros fondo propio e 200.000 euros fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e en situación ou risco de exclusión social, a aplicación orzamentaria 11.04.322C 470.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 2.950.000 euros (fondo finalista), e 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 500.000 euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas de longa duración, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, cun crédito de 1.200.000 euros (fondo finalista).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.0, código de proxecto 2016 00313, cun crédito de 500.000 euros (fondo finalista).

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas, ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021, de acordo coa repartición provincial da contía segundo o paro rexistrado en 31 de decembro de 2020:

Provincia da Coruña:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 2.000.000 de €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.8.2021 ás 11.55.37 horas (expediente TR342C/2021/598-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 800.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 2.9.2021 ás 10.21.27 horas (expediente TR342C/2021/974-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 1.180.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 30.9.2021 ás 18.03.00 horas (expediente TR342C/2021/1666-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2016 00309: utilizáronse 69.000 € para completar importe de expedientes da aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.0, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24.8.2021 ás 17.44.25 horas (expediente TR342C/2021/876-1).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24.8.2021 ás 17.28.50 horas (expediente TR342C/2021/875-1).

Provincia de Lugo:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 500.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 2.8.2021 ás 14.11 horas (expediente TR342C/2021/174-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 200.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.8.2021 ás 12.53 horas (expediente TR342C/2021/310-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 120.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 3.9.2021 ás 14.33 horas (expediente TR342C/2021/480-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 295.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 12.8.2021 ás 13.24 horas (expediente TR342C/2021/348-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 50.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24.8.2021 ás 17.51 horas (expediente TR342C/2021/421-2).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 50.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 5.8.2021 ás 17.52 horas (expediente TR342C/2021/250-2).

Provincia de Ourense:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 550.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 30.7.2021 ás 14.51.33 horas (expediente TR342C/2021/111-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 220.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 26.8.2021 ás 9.23.43 horas (expediente TR342C/2021/352-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 132.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 14.9.2021 ás 9.40.06 horas (expediente TR342C/2021/416-3).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 55.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24.8.2021 ás 17.17.54 horas (expediente TR342C/2021/338-3).

Provincia de Pontevedra:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.472.0, código de proxecto 2016 00313: correspóndelle unha contía de 1.950.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 10.8.2021 ás 14.06 horas (expediente TR342C/2021/735-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308: correspóndelle unha contía de 780.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 29.7.2021 ás 9.18 horas (expediente TR342C/2021/218-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316: correspóndelle unha contía de 468.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 31.8.2021 ás 10.06 horas (expediente TR342C/2021/1133-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 1.150.500 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 3.8.2021 ás 9.54 horas (expediente TR342C/2021/424-5).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.481.9, código de proxecto 2016 00309: correspóndelle unha contía de 195.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 13 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 9.8.2021 ás 8.50 horas (expediente TR342C/2021/664-5).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social