Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24527

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 12 de abril de 2022 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitiralle á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Escola Galega de Administración Pública e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Escola Galega de Administración Pública, que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVA incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

– Jurisdicción y administración territorial en la Galicia del antiguo régimen (SS. IX-XIX). 29,00 €.