Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, pola que se somete a información pública a versión preliminar do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e o estudo ambiental estratéxico do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental,

RESOLVO:

Someter a información pública a versión preliminar do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e o estudo ambiental estratéxico do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 durante un prazo de corenta e cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A versión preliminar do programa e o estudo ambiental estratéxico encóntranse á disposición do público nas oficinas da Subdirección Xeral de Planificación, pertencente á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña), ou ben pódense consultar na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública (https://www.conselleriadefacenda.gal/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2021-2027/principio-de-asociacion-2021-2027), durante o período mencionado, no cal os interesados poderán examinalos e formular as observacións que crean convenientes.

As alegacións ou as observacións deberán formularse utilizando o modelo de resposta aos documentos de consulta da programación do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 ou ben a través do enderezo de correo electrónico participacionffg@xunta.gal

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

Almudena Chacón Pichel
Directora xeral de Planificación e Orzamentos