Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000009910 e un máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para notificarlles as propostas de resolucións ditadas nos procedementos de reintegro de prestacións relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que no prazo de quince días desde o día seguinte á notificación das propostas de resolución efectuadas por comparecencia ou logo do vencemento do prazo indicado para comparecer, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e a documentación que consideren conveniente, de conformidade co disposto no artigo 51 do Decreto 15/2020, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Lugo, 8 de marzo de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000009910

34176860X

Proposta de resolución

13.7.2021

LU-0000047251

34166287V

Proposta de resolución

23.2.2022