De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para notificar a resolución ditada no procedemento instruído en relación co expediente que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 a 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase practicada ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 14 de marzo de 2022
Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2012/258-15.
NIE: Y0328744L.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 15 de febreiro de 2022.
Efectos xurídicos que produce a resolución: asunción de medida administrativa.