Mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2021 (DOG do 12 de abril e BOE do 20 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a industrial, grupo II, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 14 de outubro de 2021 (DOG do 26 de outubro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 19 de maio de 2022, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Servizo de Normalización Lingüística (Vivendas dos Catedráticos; avenida das Ciencias, nº 6-1º esquerda, Campus Vida, Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo de un mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela