Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto eléctrico denominado LAT 66 kV da SET Cira á SET Silleda, no concello de Silleda.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de pagamento do prezo xusto polas imposicións de servidume de paso para a execución do proxecto eléctrico denominado LAT 66 kV da SET Cira á SET Silleda, no concello de Silleda, acto que se realizará nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 31 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/85-4.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Denominación da instalación: LAT 66 kV da SET Cira á SET Silleda.

Concello: Silleda.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

54

Monte Eira

36052A00500171

Manuel Rendo Bugallo

26.4.2022

12.00