Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia AC-2011/00871 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, para que poidan consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 31 de marzo de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2011/00871

Y1440981E

AC-2017/00262

33300144P