Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24015

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN858A).

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 69, do venres 8 de abril de 2022, procede efectuar a seguinte corrección:

No artigo 16. Comisión de Selección, punto 4, na páxina 22495, onde di: «– 2º criterio: maior puntuación no criterio 17.g)», debe dicir: «– 2º criterio: maior puntuación no criterio 17.c)».