Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2022 pola que se notifica o acordo de prórroga do prazo para proceder a retirar da explanada do porto de Tragove a embarcación de nome Pemeia.

De conformidade co disposto nos artigos 41, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, en prol de asegurar a eficacia da actuación administrativa que se cita, notifícaselle a Anduriñamar, S.L. como arrendataria cesionaria da embarcación que se cita mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 23 de marzo de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia relativo á concesión de prórroga para proceder a retirar da explanada do porto de Tragove a embarcación Pemeia por resultaren infrutuosas todas as notificacións efectuadas ata o momento.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A parte dispositiva do mencionado acordo outorga ás mercantís Caixabank, S.A. como propietaria, e a Anduriñamar, S.L., como arrendataria, un prazo máximo dun mes para proceder a retirar a embarcación cumprindo cos termos previstos nese acordo entre os que consta a obriga de aboar os custos correspondentes ao remolque e varada forzosa da embarcación no porto de Tragove.

Así mesmo, suspéndese o prazo máximo legal para emitir e notificar resolución do expediente durante o citado prazo dun mes.

O acordo constitúe un acto de trámite que non é impugnable de maneira independente.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia na Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia