Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2022 pola que se notifica a resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Romay Cousido, varada na explanada do porto do Grove.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Ahmed Mohamed Salem Chej, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 12 de marzo de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que declara en situación de abandono a embarcación Romay Cousido, con folio 4ª-VILL-4-99-91, varada na explanada do porto do Grove, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada na explanada do porto do Grove sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde polo menos febreiro de 2021, e ao ser precisa a súa varada dado o alto grao risco de afundimento, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta da persoa propietaria.

A presente resolución emítea a presidenta de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia