De acordo coa base cuarta da Resolución do 25 de novembro de 2021 (DOG do 9 de decembro), mediante a cal se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de actividades aeroespaciais, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo
Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivase a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, e xustifique o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.
Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Tribunal titular:
Presidencia: Humberto Javier Michinel Álvarez, catedrático da Universidade de Vigo.
Vogais:
– Elena Beatriz Martín Ortega, profesora titular da Universidade de Vigo.
– María de las Nieves Lorenzo González, profesora titular da Universidade de Vigo.
– Jacobo Antonio Troncoso Casares, profesor titular da Universidade de Vigo.
Secretaría: Elda Martiñá Pérez, funcionaria da escala de xestión da Universidade de Vigo.
Tribunal suplente:
Presidencia: Higinio González Jorge, profesor titular da Universidade de Vigo.
Vogais:
– Diego González Salgado, profesor titular da Universidade de Vigo.
– Fermín Navarro Medina, profesor contratado doutor da Universidade de Vigo.
– José Ramón Salgueiro Piñeiro, profesor titular da Universidade de Vigo.
Secretaría: Consuelo López Rodríguez, funcionaria da escala de xestión da Universidade de Vigo.
Vigo, 4 de abril de 2022
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo