Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23819

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2022 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III, na categoría de técnico/a especialista de física, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución do 25 de novembro de 2022 (DOG do 9 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III, na categoría de técnico/a especialista de física, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

resolve:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no dito proceso de selección, ordenando a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivase a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría terceira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Tribunal titular:

Presidencia: Manuel Martínez Piñeiro, catedrático de universidade da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Verónica Salgueiriño Maceira, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.

– Pablo Barreiro Castro, técnico especialista de Mecanizado de alto baleiro e PCO da Universidade de Vigo.

– Jacobo Antonio Troncoso Casares, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Secretaría: Mª Teresa Pérez Iglesias, catedrática de universidade da Universidade de Vigo.

Tribunal suplente:

Presidencia: José Luis Legido Soto, catedrático de universidade da Universidade de Vigo.

Vogais:

– Javier Vijande López, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

– Cándida Barreiro Castro, técnica especialista de Química da Universidade de Vigo.

– José Ramón Salgueiro Piñeiro, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Secretaría: Marta María Mato Corzón, profesora titular de universidade da Universidade de Vigo.

Vigo, 4 de abril de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo