Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23418

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 6 de abril de 2022 pola que se convocan axudas propias para a mobilidade de persoal investigador.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/619079

BDNS (Identif.): 619079.

Primeiro. Persoas beneficiarias

Grupo 1:

– Alumnado de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a que teña concedido financiamento autonómico ou estatal.

Grupo 2:

– Persoal investigador posdoutoral contratado no marco do programa competitivo Juan de la Cierva Formación.

– Persoal investigador contratado no marco do programa competitivo para a formación de doutoras e doutores (FPI) que se atope no período de orientación posdoutoral (POP).

Segundo. Modalidades

Modalidade A. Bolsas para viaxes.

Modalidade B. Bolsas para estadías en centros de investigación.

Terceiro. Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación, ou empresas no caso de programas coa mención de «Doutoramento industrial», de fóra de Galicia, do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Cuarto. Bases reguladoras

Resolución do 6 de abril de 2022 pola que se convocan axudas propias para a movilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo, para o ano 2022.

Quinto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitenta mil euros (80.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2022 00VI 131H 481.01

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día 18 de abril ata o 13 de maio de 2022.

Vigo, 6 de abril de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 26.5.2020; DOG do 4 de xuño)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación