Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23416

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2022 pola que se amplía o crédito orzamentario recollido na Resolución do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente para o ano 2022 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Mediante a Resolución do 25 de novembro de 2021, que foi publicada no DOG número 235, do 9 de decembro de 2021, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitouse en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 2 da resolución establece o seguinte:

«1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2022. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.500.000,00 euros.

Tipo de beneficiario

Aplicación orzamentaria

Orzamento (€)

Persoas físicas

06.A3.733A.780.4

2.100.000, 00 

Autónomos ou empresas

06.A3.733A.772.2

400.000,00

Total

2.500.000,00

»

O artigo 2.2 da resolución prevé a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen esta convocatoria.

De producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 17 de xaneiro e, un mes despois, non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a autónomos ou empresas; non obstante, existe unha importante lista de espera na epígrafe de persoas físicas.

Por todo o anterior, e dado que na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar en 2.000.000 de euros o crédito dispoñible para as subvencións relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, modificando o artigo 2.1 da Resolución do 25 de novembro de 2021, que queda redactado do seguinte xeito:

«1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2022. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 4.500.000,00 euros.

Tipo de beneficiario

Aplicación orzamentaria

Orzamento (€)

Persoas físicas

06.A3.733A.780.4

4.100.000, 00 

Autónomos ou empresas

06.A3.733A.772.2

400.000,00

Total

4.500.000,00

»

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022

Paula María Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia