Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23431

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 21593, no artigo 10.2, onde di: «10.2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2021 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 3/2020, do 29 de decembro», debe dicir: «10.2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2022 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 3/2020, do 29 de decembro».

Na páxina 21594, no anexo I, Centros con praza vacante de dirección para o curso 2022/23, onde di:

15007621

CEIP Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

Debe dicir:

15007621

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

Na mesma páxina, onde di:

15023417

CEIP Pilar Maestu Sierra

Santiago de Compostela

A Coruña

Debe dicir:

15023417

CEP Pilar Maestu Sierra

A Pobra do Caramiñal

A Coruña