Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 15 de marzo de 2022, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do estudo de detalle para o World Car Center.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 10 de marzo de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial ao estudo de detalle formulado polo Consorcio Zona Franca de Vigo co obxecto do reaxuste de aliñacións das parcelas sitas nos números 34 a 42 da avenida Alcalde Portanet, inserido no rexistro electrónico desta XMU con datas do 10.9.2021 e 15.9.2021 co COD. SOL. WEB: W599136-3452 e número de documento 210185476, instrumento urbanístico redactado polo estudo de arquitectura Vaillo Irigaray y Asociados, S.L.P., con data do 9.9.2021 e asinado con sinatura dixital válida polo arquitecto técnico Antonio Vaillo Daniel.

Segundo. Someter o instrumento inicialmente aprobado á información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de cadanseu anuncio por conta dos promotores, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia, no portal de transparencia e na sede electrónica do Concello de Vigo, con notificación individualizada aos titulares catastrais dos terreos afectados. Durante o mesmo tempo no que se realiza o trámite de información pública solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos.

Terceiro. Remitir a certificación do presente acordo xunto co instrumento urbanístico inicialmente aprobado, debidamente dilixenciado, á Subdirección Xeral de Aeroportos e Navegación Aérea, da Dirección Xeral de Aviación Civil, posto que o presente estudo de detalle se atopa abranguido no eido das servidumes aeronáuticas establecidas no Plan director do aeroporto de Vigo, para que emitan, de ser necesario, o informe previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 2591/1998, do 4 de decembro, de ordenación dos aeroportos de interese xeral e a súa zona de servizo, en relación co artigo 29.2 do Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de servidumes aeronáuticas, así como ao organismo Augas de Galicia, co obxecto da emisión da autorización ou informe que corresponda emitir, de ser o caso.

Para os efectos do disposto no punto terceiro da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do Edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo). Tamén aquí se presentarán os documentos e alegacións que se consideren convenientes.

• Poden poñerse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo para solicitar cita previa (teléfono 986 81 01 00, extensión 1530) ou para resolver calquera dúbida ao respecto (teléfono 986 81 03 49).

• Para presentar documentos ou escritos de alegacións débese solicitar cita previa no Rexistro de Urbanismo (teléfono 986 81 03 44).

Vigo, 15 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo