Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23313

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle (expediente FG número 681).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022001451, do 1 de abril de 2022, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da Finca Tenreiro Icaria na rúa Pazo do Río, s/n (documento R.E. nº 2022005761, do 29.3.2022), promovido por Altos de Icaria, S.L.

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de abril de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente