Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23176

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 4 de abril de 2022 pola que se amplía o gasto máximo autorizado da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se estableceron as bases reguladoras e a fixación de crédito para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).

O artigo 3.3 da Orde de bases do 27 de decembro de 2021 establece que «Os importes consignados en cada convocatoria poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes».

Dado que existen dispoñibilidades de crédito derivadas de remanentes na aplicación 15.03.723C.770.0 e 15.03.723C.780.0, destinado a financiar as presentes axudas, considérase axeitado ampliar o importe do crédito inicial para os denominados proxectos produtivos e non produtivos, pois así se acada un uso máis eficiente dos fondos públicos e un maior grao de execución orzamentaria.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos produtivos e non produtivos, con cargo ás aplicacións contables 15.03.723C.770.0 e 15.03.723C.780.0, na anualidade 2022, da convocatoria do ano 2022 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 200.000,00 € no caso da aplicación 15.03.723C.770.0 e de 800.000,00 € no caso da aplicación 15.03.723C.780.0.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial xa publicado e a presente ampliación, é o detallado no cadro seguinte:

Partida orzamentaria

2022

Total

15.03.723C.770.0

1.200.000,00

1.200.000,00

15.03.723C.780.0

872.000,00

872.000,00

Total

2.072.000,00

2.072.000,00

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2022

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Mar