Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23210

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a cobertura, polo procedemento de concurso de méritos, de dous postos vacantes de xefatura de persoal de xestión e servizos no Hospital Público de Valdeorras.

Mediante a Resolución do 25 de xuño de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (DOG núm. 128, do 7 de xullo), convocouse a cobertura, de dous postos vacantes de condutor/a de instalacións, no Hospital Público de Valdeorras.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación, a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados polas persoas aspirantes que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública, para a provisión, de dous postos vacantes de condutor/a de instalacións, no Hospital Público de Valdeorras.

Segundo. Nomear, no posto que se indica, á persoa que se cita no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserto, por falta de concorrencia de aspirantes, un posto de condutor/a de instalacións no Hospital Público de Valdeorras.

Cuarto. Os/as profesionais nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Quinto. A toma de posesión, do posto de traballo adxudicado, deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días, se son de distinta área de saúde, ou dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación, polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Sexto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 4 de abril de 2022

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: condutor/a de instalacións no Hospital Público de Valdeorras.

Nome e apelidos: Antonio Rodríguez Rivera.

DNI (*): ***7064**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade, para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade, coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.