Ao abeiro do previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada en Pontevedra, para que, unha vez acreditado o dereito a eles, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1 da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, núm. 7, Pontevedra (teléfono 986 80 56 15).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 29 de marzo de 2022
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoas interesadas |
PO-2007/701, conta 20 |
Comunidade hereditaria de Aníbal Alfredo Medina Cesana |