Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de técnico/a da escala de administración xeral, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación desas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 51, do 4 de marzo de 2022, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e as bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto 1992/2022, do 22 de febreiro: unha praza de técnico/a da escala de administración xeral, subescala técnica, grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: concurso oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 11 de marzo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcalde delegada da Área de Gobernanza
de Economía e Recursos Humanos