Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22471

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de marzo de 2022 pola que se clasifica de interese tecnolóxico e industrial a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 64, do venres 1 de abril de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 21032, no título, onde di: «ORDE do 22 de marzo de 2022 pola que se clasifica de interese tecnolóxico e social a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia.», debe dicir: «ORDE do 22 de marzo de 2022 pola que se clasifica de interese tecnolóxico e industrial a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia».

Na páxina 21033, no punto cuarto dos feitos, onde di: «O padroado inicial da Fundación está formado por Antonio Couceiro Méndez, presidente; Patricio Erhardt Barrenechea, vicepresidente; Luz Divina Pardo Longueira, Juan Antonio Quiroga Lage, Manuel Ángel Galdo Pérez e Carlos Fernández Bermúndez, vogais; e Iván Vázquez Franco, secretario sen voto», debe dicir: «O padroado inicial da Fundación está formado por Antonio Couceiro Méndez, presidente; Patricio Erhardt Barrenechea, vicepresidente; Luz Divina Pardo Longueira, Juan Antonio Quiroga Lage, Manuel Ángel Galdo Pérez e Carlos Fernández Bermúdez, vogais; e Iván Vázquez Franco, secretario sen voto».

No punto cinco dos feitos, onde di: «A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo proposta de clasificación como de interese tecnolóxico e social da Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional», debe dicir: «A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo proposta de clasificación como de interese tecnolóxico e industrial da Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional».

No punto sétimo dos feitos, onde di:«De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese tecnolóxico e social e a súa adscrición á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación», debe dicir: «De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese tecnolóxico e industrial e a súa adscrición á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación».

Na páxina 21034, no primeiro parágrafo da disposición, onde di: «Clasificar de interese tecnolóxico e social a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia, adscribíndoa ao protectorado da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación», debe dicir: «Clasificar de interese tecnolóxico e industrial a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia, adscribíndoa ao protectorado da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación».