Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22453

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para novos usos industriais que requiran de avaliación ambiental estratéxica

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 25 de marzo de 2022, conforme o disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro), adoptou os seguintes acordos:

Co fin de estudar a modificación do planeamento, acordar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para novos usos industriais que requiran de avaliación ambiental estratéxica conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, nas seguintes áreas do solo urbano industrial do vixente PXOM de Lalín:

– Ordenanza 6. Grao 1: polígono industrial Lalín-2000 (fases 1ª e 2ª).

– Ordenanza 6. Grao 2: áreas industriais do polígono industrial de Botos e de Bergazos (marxe norte da estrada nacional N-525).

– Así mesmo, tamén se suspenderá o devandito procedemento na área urbanizada da ampliación do polígono Lalín-2000 correspondente a súa 3ª fase, segundo a delimitación do ámbito do Plan parcial do polígono Lalín 2000-3ª fase aprobado definitivamente na sesión plenaria do Concello de Lalín celebrada en data do 27.11.2001.

A delimitación destas áreas afectadas aparece grafada no «Informe. Resumo executivo. Suspensión do procedemento de parcelación de terreos, edificación e demolición para novos usos industriais que requiran de avaliación ambiental estratéxica nos polígonos industriais de Botos, Lalín-2000 e Bergazos», emitido, con data do 22.3.2022, polo arquitecto municipal e o arquitecto técnico municipal.

O acordo de suspensión deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Este acto administrativo producirá efectos desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, terá unha vixencia máxima dun ano e, en todo caso, extinguirase coa adopción do acordo da aprobación inicial da correspondente modificación puntual.

Lalín, 1 de abril de 2022

O Alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 14.8.2020; BOP núm. 162, do 24 de agosto)
Raquel Lorenzo Fernández
Concelleira de Urbanismo

missing image file
missing image file