Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22282

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 29 de marzo de 2022 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Plurilingüe Galaxia, de Ribeira.

A persoa representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe Galaxia, de Ribeira, solicita a autorización dunha (1) unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1 Modificación da autorización

Modificar a autorización para unha (1) unidade de educación especial no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Galaxia.

Código do centro: 15014520.

Domicilio: rúa Estatuto, s/n.

Código postal: 15960.

Localidade: Ribeira.

Concello: Ribeira.

Provincia: A Coruña.

Titular: Colegio Galaxia, S.L.

Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 1 unidade de educación especial.

• Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade