Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22285

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 8 de marzo de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 21 de marzo) establece no seu artigo 11 que, para a selección, análise e valoración das solicitudes, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará un xurado de selección composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 8 de marzo de 2022,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá seleccionar, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21 e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Iván Mira Fernández, subdirector xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Vogais:

Carlos Vázquez Mariño, subdirector xeral de Formación Profesional.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Programación da Formación Profesional.

Xosé Romarís Lens, xefe do Servizo de Ordenación Educativa.

– Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo de Xestión da Formación Profesional.

Mª Rosario Couto López, xefa do Servizo de Relación co Sistema Produtivo e Acreditación de Competencias.

Esteban Calviño Louzao, xefe do Servizo de Planificación e Coordinación da Inspección Educativa.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional