Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2021-102 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Denominación: regulamentación LMTA SEQ804 derivada a CT 27A477 (Quiroga).

Situación: concello de Quiroga.

Características técnicas principais:

– LMT aérea a 20 kV, con orixe no apoio existente 22-38 tipo HV-15/630 da LMTA SEQ804 (expediente 6143-AT/5265/AT) e final no CTI Cereixido proxectado, cunha lonxitude de 4.389 metros de condutor tipo LA-56 tensado sobre apoios metálicos.

– CTI Cereixido sobre apoio de celosía tipo C-14/3.000, cunha potencia proxectada de 50 kVA (en substitución do existente de 30 kVA) e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 114.135,05 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Quiroga.

• Separata para a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

• Separata para a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.

• Separata para a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 14 de marzo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo