Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21730

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas con relación a diversas actuacións referidas á mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-308 (treito Fontenla-Combarro) e á mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-223 (O Couso-Sobral) e PO-224 (Santo André de Xeve), actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas con relación a diversas actuacións referidas á mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-308 (treito Fontenla-Combarro) e á mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-223 (O Couso-Sobral) e PO-224 (Santo André de Xeve), actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que ten as seguintes características:

– Obxecto: realización, respecto da obra de mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-308 (treito Fontenla-Combarro) e da obra de mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na PO-223 (O Couso-Sobral) e PO-224 (Santo André de Xeve), das seguintes actuacións:

• Elaboración dos proxectos relativos ás dúas actuacións referidas.

• Elaboración, de ser o caso, de acordo co establecido no artigo 235 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, dos informes de supervisión dos referidos proxectos, así como a realización, de acordo co establecido no artigo 236 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, das actas de implantación dos referidos proxectos.

• Elaboración dos informes de carácter técnico que, en relación co procedemento de adxudicación dos contratos de obra relativos a estas dúas actuacións, sexan solicitados polo órgano encomendante.

• Dirección de execución das obras obxecto dos referidos contratos.

– Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da AXI.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao seren a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

– Prazo de vixencia: a presente encomenda estará vinculada á execución do contrato das obras referenciadas e, en todo caso, rematará antes do 30 de xuño de 2024.

– Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

– Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que se presten no seu desenvolvemento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade