Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral foi depositada a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais