Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación Frisona Galega (Afriga).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, se depositou a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación Frisona Galega (Afriga).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais